Retorno

Non patrocinas un grupo.
Tecemos a vila xuntos.

Tres maneiras de sumarse, tres formas de retorno tanxible. Cada perfil ten o que aporta e o querecibe claro desde o día un.

  • 01Persoa

    Tribo Activa

    Tocas, ensaias, saes á rúa. Es o pulso da batería.

    Aporta
    • Cota mensual de Ritmo
    • Compromiso cos ensaios e saídas
    Recibe
    • Formación musical sen barreiras: ensaios, obradoiros e clases
    • Saídas á rúa, actuacións e festivais do calendario da batucada
    • Pel da tribo, arsenal comunitario e repertorio propio
    • Comunidade arraigada en Burela con voz nas decisións do colectivo
  • 02Comercio · Persoa

    Mecenas Aliada

    Comercio ou persoa que apadriña e pode acoller a batucada no seu espazo.

    Aporta
    • Apadriña un Tambor (150 €)
    • Cota anual de Aliado (50 €)
    Recibe
    • Logo gravado nun instrumento que sae en cada actuación
    • Actuacións da batucada no teu local, integradas no recorrido principal das saídas
    • Mención nas canles dixitais e programa do Festival
    • Documentación gráfica das saídas onde apareza o teu instrumento
  • 03Institución

    Aliado Institucional

    Concello, fundación ou marca con vocación sociocultural.

    Aporta
    • Cesión de local de ensaio
    • Subvención ou programación sociocultural
    Recibe
    • Programación sociocultural propia no calendario local
    • Indicador real de interculturalidade activa (non só estatística)
    • Asociación de marca cun proxecto veciñal con arraigo no CP 27880

Art. 4 · RRI

A onde vai cada euro.
Sen letra pequena.

Tres categorías de socia, tres destinos claros do que cada quen achega. Aprobadas en asemblea, recollidas no Regulamento de Réxime Interno.

  • Socia Promotor/a

    Cota de Estrutura

    Persoas fundadoras encargadas de velar pola integridade do proxecto e o desenvolvemento estratéxico da asociación.

    Destino

    Sostemento legal, seguros obrigatorios e gastos administrativos mínimos.

  • Socia De Ritmo

    Cota de Infraestrutura

    Membros activos implicados directamente nos ensaios ordinarios, actividades formativas e actuacións públicas.

    Destino

    Aluguer de locais, acondicionamento e adquisición de instrumentos e material funxible.

  • Socia Aliado/a

    Achega de Proxecto

    Persoas físicas ou xurídicas que apoian mediante mecenado ou colaboración periférica sen participar na actividade musical ordinaria.

    Destino

    Financiamento de actividades extraordinarias, proxectos de innovación sociocultural e eventos anuais.

Art. 10 · RRI

Cero salarios.
Cero opacidade.

Todos os ingresos económicos por actuacións, contratos ou exhibicións ingresan ao 100% na caixa común da asociación. Destínanse integramente ao mantemento da infraestrutura, adquisición de material, aluguer de locais e financiamento de proxectos sociais do colectivo.

Queres ver as contas? · Consulta os documentos públicos