Ano 1 · 2026

O primeiro ano.
Formar a tribo.

O primeiro ano é o que sostén todo o demais. Antes de festivais e fusiones, toca formar a asociación,aprender xuntas eactivar a primeira tribo.

A tribo fundacional

Persoas que ensaian xuntas. Cada semana. Todo o ano.

25 socias de Ritmo + 6 motoras. Non é un número arbitrario: é o mínimo viable para ter sección de surdos, caixas e repiques, soar como batucada e sostenernos economicamente con cotas asequibles.

  • 30socias fundadoras

    Unha tribo de 30

    Asentar a base humana: 25 socias de Ritmo + 6 motoras. Un grupo estable, comprometido e diverso que ensaia, aprende e sae a tocar xuntas.

  • 1×semensaio guiado

    Clases co profesor

    Sesións regulares cun profesor estable: técnica, ritmo, escoita, dinámica de grupo. Aprender percusión como oficio colectivo, sen xerarquías académicas.

  • 4–6obradoiros / ano

    Obradoiros temáticos

    Talleres puntuais ao longo do ano: iniciación á percusión, ritmos de raíz, construción de instrumentos, voz e canto popular. Abertos á veciñanza.

O ritmo do ano

  1. Q1AsentarLocal, directiva, primeiras socias
  2. Q2AprenderInicio das clases regulares
  3. Q3SaírPrimeiras pasarrúas e obradoiros
  4. Q4TecerComunidade, rede local, balance

O viveiro

Sementes.
Listas para prender.

Non é unha promesa vaga. É un menú concretode iniciativas que xa proxectamos para a comunidade do pobo.

  • Tambor feito con material recuperado
    01Pedagóxica

    Tambores reciclados

    Obradoiro para nenas e nenos: constrúen o seu propio tambor con material recuperado e tócano na rúa. A percusión que vén da reciclaxe.

  • Rapaces e rapazas a tocar percusión na escola
    02Pedagóxica

    Percusión na escola

    Programa estable nos centros escolares de Burela. Levar a batucada á aula e activar o talento multicultural que xa convive nas clases.

  • Comida popular da tribo Rumbantela
    03Comunitaria

    Comida de Rumbantela

    Xornada de comida popular + ensaio aberto. A mesa como espazo de encontro intercultural: o que se cociña tamén soa.

  • Pasarrúa de Rumbantela polas rúas de Burela
    04Comunitaria

    Pasarrúa temática

    Saídas con contexto: Letras Galegas, San Xoán, Día contra a Violencia de Xénero. A rúa con causa, o ritmo como altofalante social.

  • Fusión con asociacións culturais locais
    05Colaborativa

    Fusión con asociacións locais

    Encontros anuais con outras formacións culturais de Burela (música, danza, gastronomía). 1 ano = 1 fusión que tece vila.

  • Mural colectivo da tribo Rumbantela
    06Arte

    Murais colectivos

    Arte mural colaborativa en muros cedidos da vila. A pintura comunitaria como prolongación visual do ritmo da batucada.

  • Laboratorio creativo con artistas locais
    07Arte

    Laboratorio creativo

    Encontros abertos con artistas, ilustradoras e creadoras locais. Onde a batucada cruza con outras linguaxes e abre proxectos novos.

Art. 15 · RRI

O Laboratorio.
A tribo propón. A tribo executa.

Calquera socia pode activar un proxecto sociocultural transversal: documentais, exposicións de arte, investigacións históricas, publicacións ou calquera formato que amplíe o impacto sociocultural máis aló da estrita execución musical.

  1. Presenta a idea

    A proposta inicial debe estar aliñada cos principios fundacionais e a identidade sociocultural da asociación.

  2. Forma grupo de traballo

    Reúne un equipo mínimo de colaboradoras dentro do colectivo que garanta o interese común e a viabilidade do proxecto.

  3. Validación

    A Xunta Directiva ratifica que a idea non comprometa a integridade legal, os recursos económicos nin o patrimonio material e reputacional de Rumbantela.

  4. Execución

    Unha vez validada, a asociación activa os seus recursos loxísticos (redes, contactos, materiais) para apoiar o desenvolvemento do proxecto.

Convite aberto

Non é unha lista pechada.
Tes unha idea?

Se tes unha proposta aliñada cos nosos fins, conta connosco para activala. Calquera socia pode propor un proxecto transversal seguindo o fluxo do Laboratorio.

Resposta áxil · Sen burocracia · Art. 15 do RRI