O Fociño Sagrado
Furar sen pedir permiso
O xabarín é un animal de terra profunda que fura os toxos coa única forza do seu fociño, sen pedirlle licenza nin perdón a ninguén. O noso ritmo nace dese mesmo instinto: un pulso ancestral que non se aprende nos libros, séntese nas entrañas. Cando Rumbantela ruxe, esgaratamos no asfalto para rescatar a esencia da festa máis pura.